Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow CULTURA arrow Casal de Flores, elixido mellor viño albariño de autor
 
 
Casal de Flores, elixido mellor viño albariño de autor Imprimir Correo electrónico
Martes, 29 Xullo 2008

vino_meano100_290708.jpgMEAÑO > Casal de Flores, Rozas e Uvas de Ouro foron elixidos os mellores albariños na Festa do Viño de Autor de Meaño.

Meaño vendeu unhas catro mil duascentas botellas de albariño de autor durante a pasada fin de semana. Con este dato na man, a Asociación de Adegas Artesás Rías Baixas considera un éxito a última edición da Festa do Viño de Autor, que durou catro días. O domingo foi, sen dúbida, cando máis visitantes houbo e mesmo tiveron que colgar o cartel de esgotado en moitos pratos gastronómicos.

Ademais do viño, triunfaron os suspiros de monxa e os ovos con chourizo. Entre o sábado e o domingo vendéronse mil raciones. Pero ademais, os asistentes degustaron máis de dúas mil filloas, duascentas racións de percebe, 150 de xabaril e 350 quilos de mexillón de Galicia. Despois deste éxito, Adegas Artesás Rías Baixas espera manter as cifras na vindeira edición.

O domingo foi tamén o día no que o xurado elixiu os tres mellores albariños de autor deste ano. Tras catar trece caldos, outorgóuselle o primeiro premio á adega Casal de Flores, quen precisamente o ano pasado se fixera coa prata. Nesta ocasión o segundo premio foi para o albariño de Rozas, e o terceiro para Uvas de Ouro. 

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg