SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| A depuradora do Umia instalarase en Barrantes e custará 9,6 millóns |
|
|
| Mércores, 30 Xullo 2008 | |
|
RIBADUMIA > Tivo que esperar máis de dous anos, pero finalmente a alcaldesa de Ribadumia foi recibida polo conselleiro de Medio Ambiente. Na carteira, Salomé Peña, levaba proxectos como o da senda verde, o saneamento integral ou a nova depuradora no río Umia. A Xunta considera que o lugar máis axeitado para instalar a nova depuradora do río Umia é Barrantes, en Ribadumia. Así llo indicou o propio conselleiro de Medio Ambiente á alcaldesa Salomé Peña na reunión que tiveron onte en Santiago. Manuel Vázquez solicitoulle que fose este concello quen puxese os terreos a disposición pero a rexedora pediulle que o xestionara a Mancomunidade do Salnés, xa que daría servizo tamén a Vilanova e Cambados. A nova depuradora custará 9,6 millóns de euros. Este foi un dos compromisos adquiridos polo Conselleiro de medio Ambiente coa alcaldesa de Ribadumia. Manuel Vázquez tamén lle falou de impulsar o proxecto de senda verde, entre as pontes de Pontearnelas e Barrantes, unha vez que o Concello poña os terreos a disposición. Outro compromiso que conseguiu a alcaldesa foi que a Consellería revisará o proxecto de saneamento integral do municipio para completar este servizo no cen por cento das parroquias. A alcaldesa confía agora que non quede só en boas palabras e que os compromisos collan forma. Agarda, iso si, que non haxa que esperar dous anos e medio como xa pasou con esta entrevista. Redacción Salnés |


















