Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Peña urxe unha reunión con Educación antes do inicio do curso
 
 
Peña urxe unha reunión con Educación antes do inicio do curso Imprimir Correo electrónico
Mércores, 30 Xullo 2008

RIBADUMIA > A alcaldesa Salomé Peña espera ter pronto unha reunión co delegado da Consellería de Educación en Pontevedra. A rexedora xa solicitara un encontro en maio e inda non tivo resposta, polo que volve a insistir para reunirse con urxencia antes do inicio do curso escolar.

As subvencións para o comedor escolar é un dos principais asuntos que a alcaldesa de Ribadumia pretende tratar co delegado provincial de Educación. O Concello está molesto polo incumprimento do compromiso feito pola conselleira Laura Sánchez na inauguración do comedor do Julia Becerra Malvar hai dous anos. Daquela dixera que ambas administracións achegarían o 25 por cento cada unha do custo do menú, asumindo os pais só a metade. Salomé Peña di que Educación non dá o suficiente.

Peña tamén quere falar do transporte adicional necesario para levar ós usuarios do comedor ás casas cando non hai clase pola tarde, gasto que asume íntegro o Concello. Outro asunto son as obras que reclama o claustro escolar: un patio de recreo cuberto, o peche definitivo do recinto ou un centro de reunións, entre outras.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg