| Portos de Galicia mellora o sistema de recollida de lixo existente na dársena ribeiresa. |
|
|
| Mércores, 30 Xullo 2008 | |
|
Con esta xornada de formación ambiental realizada hoxe por Portos de Galicia en Ribeira, non se dará solución definitiva ós problemas de acumulación de lixo na dársena ribeiresa, e que tantas veces foi denunciada polos usuarios, pero de seguro contribuirá a súa mellora. Como sinalou o propio presidente do ente autonómico, Jacinto Parga, a iniciativa pretendía recolle-las queixas e principais deficiencias detectadas no servizo de recollida de lixo polos propios usuarios do porto, a quen se lles informará tamén sobre os novos sistemas a implantar. Limpeza dos fondos O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, informou tamén de que nos próximos meses levarase a cabo tamén unha xornada de limpeza dos fondos na dársena ribeiresa como se fixera o pasado mes de xuño na Pobra do Caramiñal. Certificado de calidade Jacinto Parga confía tamén en conseguir para o porto ribeirés a certificación do Sistema de Xestión e Auditoría Medioambiental da Comunidade Europea que avala a súa calidade. Nova lonxa e ampliación liña atraque exterior Segundo o propio Parga Portos de Galicia está a rematar co prego de condicións para sacar a licitación a nova lonxa para iniciar así durante o ano que vén a súa construción. No tocante á ampliación da liña de atraque externa do porto ribeirés sinalou que se está a rematar co estudo de de dinámica do litoral. Con estas dúas actuacións resolveranse segundo el os dous principais problemas que presenta o porto ribeirés como é a falla de espazo e a mellora da reordenación. Ampliación club náutico Ademais Jacinto Parga tamén se referiu a que se atenderán con especial coidado as reivindicacións realizadas dende o propio concello no tocante á ampliación do club náutico dentro do Plan Director de Portos deportivos que pretende poñer en marcha este organismo. Redacción Barbanza |




RIBEIRA > O presidente de Portos de Galicia asistiu esta mañá a unha xornada de formación ambiental dirixida ós usuarios do porto.
