Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow TAMBRE arrow Continúa estancado o conflito da policía de Noia con oito axentes de baixa
 
 
Continúa estancado o conflito da policía de Noia con oito axentes de baixa Imprimir Correo electrónico
Xoves, 31 Xullo 2008

NOIA > A pesar das múltiples reunións mantidas entre ámbalas dúas partes implicadas, o conflito da policía local de Noia non ten trazas de resolverse a curto prazo. O corpo municipal afirma sentirse ninguneado polas continuas intromisións dos membros do goberno no seu traballo que non respecta as decisións dos superiores xerárquicos.

Incumprimento da lei

Pero o problema non remata aquí posto que denuncian o incumprimento da lei galega de policías locais posto que as retribucións salaraias non se corresponden coas novas categorías profesionais destes funcionarios nin contrata o persoal necesario para a cobertura das vacantes.

Os axentes tamén se queixan da escaseza de medios para desenvolver o seu labor axeitadamente no referente a mobiliario, material de oficina ou mesmo vestiario. Denuncian ademais que durante as fines de semana teñen cortado o acceso a internet polo que non poden consultar as bases de datos e, mesmo que lles foi restrinxido, por parte do executivo, o acceso ó padrón municipal e de vehículos.

Baixas

Este cúmulo de circunstancias motivou unha situación similar á que se está a producir noutros concellos de Galicia con oito axentes, dos catorce que conforman o cadro de persoal, de baixa.

Ante o estancamento das negociacións, os axentes non descartan iniciar medidas de presión para conquerir as súas reivindicacións aínda que consideran que o conflito non chegara á súa fin ata que a Consellería de Presidencia tome medidas para garantir a aplicación da lei.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Publicidade canalriasbaixas.com
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg