| Continúa estancado o conflito da policía de Noia con oito axentes de baixa |
|
|
| Xoves, 31 Xullo 2008 | |
|
NOIA > A pesar das múltiples reunións mantidas entre ámbalas dúas partes implicadas, o conflito da policía local de Noia non ten trazas de resolverse a curto prazo. O corpo municipal afirma sentirse ninguneado polas continuas intromisións dos membros do goberno no seu traballo que non respecta as decisións dos superiores xerárquicos. Incumprimento da lei Pero o problema non remata aquí posto que denuncian o incumprimento da lei galega de policías locais posto que as retribucións salaraias non se corresponden coas novas categorías profesionais destes funcionarios nin contrata o persoal necesario para a cobertura das vacantes. Os axentes tamén se queixan da escaseza de medios para desenvolver o seu labor axeitadamente no referente a mobiliario, material de oficina ou mesmo vestiario. Denuncian ademais que durante as fines de semana teñen cortado o acceso a internet polo que non poden consultar as bases de datos e, mesmo que lles foi restrinxido, por parte do executivo, o acceso ó padrón municipal e de vehículos. Baixas Este cúmulo de circunstancias motivou unha situación similar á que se está a producir noutros concellos de Galicia con oito axentes, dos catorce que conforman o cadro de persoal, de baixa. Ante o estancamento das negociacións, os axentes non descartan iniciar medidas de presión para conquerir as súas reivindicacións aínda que consideran que o conflito non chegara á súa fin ata que a Consellería de Presidencia tome medidas para garantir a aplicación da lei. Redacción Barbanza |





