Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow Poio derruba a última chabola ilegal do poboado xitano de O Vao
 
 
Poio derruba a última chabola ilegal do poboado xitano de O Vao Imprimir Correo electrónico
Xoves, 31 Xullo 2008

derrube_chabola_vao_dous_100.jpgPOIO > Houbo algúns momentos de tensión entre as familias de O Vao cos medios de comunicación esta mañá, pero en xeral o derribo da última chabola ilegal do ...

...poboado xitano desenvolveuse con normalidade e sen oposición ás labores de derrubamento. Foi unha xornada máis tranquila ca das demolicións das outras chabolas ilegais no pasado mes de novembro, e tamén máis lenta, xa que os traballos se retardaron ó compartir a vivenda o mesmo tabique co doutra casa.

A familia afectada, integrada por dez persoas, xa poderá durmir a partir de hoxe na casa que a Consellería de Vivenda lle rehabilitou no entorno do asentamento xitano, logo do rexeitamento social creado en Monteporreiro, onde foran inicialmente instaladas. Xunto deles, tamén comezarán a vivir dentro de pouco outras dúas familias que foran realoxadas no barrio pontevedrés, e que agora viven en hoteis, á espera de que a Xunta remate a rehabilitación das casas que ocuparán no que xa dá en chamar coma poboado de transición.

O proceso dos derrubamentos das chabolas ilegais do Vao comezou en outubro do pasado ano. En novembro leváronse a baixo 11 destas vivendas e ata o de agora, só quedaba pendente este asentamento. Despois de sucesivos aprazamentos, o Concello de Poio executou hoxe a sentencia xudicial que se remonta a hai case dez anos.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg