Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow Chacón eloxia a labor contraincendios da Operación Centinela Galego
 
 
Chacón eloxia a labor contraincendios da Operación Centinela Galego Imprimir Correo electrónico
Xoves, 31 Xullo 2008

VILABOA > Carme Chacón, a ministra de Defensa, achegouse hoxe á base da Brilat, en Figueirido para coñecer de preto a labor da Operación Centinela Galego, de prevención e extinción de incendios. Trátase da primeira visita que realiza a Galicia desde o seu nomeamento.

A ministra de Defensa, Carme Chacón, destacou a eficacia da colaboración exemplar establecida entre a Xunta e as Forzas Armadas en materia de prevención e extinción de incendios forestais. Mesmo o sinalou como un modelo a seguir por outras administracións. Así valorou hoxe a operación Centinela Galego 2008.

Na base da Brigada Lixeira Aerotransportable coñeceu de primeira man o dispositivo contra incendios. A labor de extinción recae nos 60 militares da UME, Unidade Militar de Emerxencias, despregados entre Marín e León e nos tres avións apagalumes con base no aeroporto santiagués de Lavacolla. Chacón asegurou que a vixilancia despregada está a dar froitos, polo poder disuasorio que representa a presencia das patrullas en zonas de risco de incendios.

A ministra augurou un verán tranquilo por mor da chuvia, que precisamente hoxe fixo acto de presencia e obrigou a modificar o programa da súa visita. Chacón chegou con media hora de atraso e, tras saudar ás autoridades, e recibir os honores de ordenanza rendeulle homenaxe á cabo Idoia Rodríguez, falecida o pasado ano nun atentado en Afganistán. A pesar da intensa choiva achegouse a deixar un ramo de flores ante o monumento na súa memoria.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg