Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Moraña conmemora o II Centenario da Guerra da Independencia
 
 
Moraña conmemora o II Centenario da Guerra da Independencia Imprimir Correo electrónico
Xoves, 31 Xullo 2008

dv793_-foto_100.jpgMORAÑA > Mañá comezan en Moraña os actos conmemorativos do segundo Centenario da Guerra da Independencia.

Unha efeméride que está a obter cumprida relevancia en varios pobos de todo o territorio nacional, e que en especial, en Moraña, obterá un importante recoñecemento, da man da asociación cultural Chorima, que corre ca súa organización.

Os actos comezarán mañá a partires das sete da tarde co repique de campás de todo o Concello que abrirá o programa de actos deste día. Media hora máis tarde, comezará un taller de memoria histórica para nenos de 3 a 12 anos, nas inmediacións da Casa da Cultura ADR Castelao.Logo, ás oito e media, haberá unha mesa redonda sobre a antedita Guerra na que participarán, o morañés e membro da Real Academia Galega da Lingua, Xesús Ferro Ruibal; o historiador e membro da Fundación Camilo José Cela, Manuel Suárez; e o catedrático da Universidade de Vigo, Peláez Valle.

O día seguinte continuarán os actos, desta volta xa a partires das cinco e media da tarde, hora na que a Banda Nova Lira realizará un pasarrúas polo Concello. Media hora máis tarde comezará o desfile de uniformados da época da Guerra da Independencia, con homenaxes e ofrendas na honra dos caídos.

Estes actos conmemorativos van a prolongarse no tempo, máis aló destas dúas datas,con varios actos, como por exemplo, a chegada en setembro dunha exposición sobre a obra pictórica de Goya, os desastres da Guerra.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg