SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| A Illa celebra a VI edición da Festa Gastronómica do mar |
|
|
| Venres, 01 Agosto 2008 | |
|
... durante os vindeiros fins de semana de agosto, agás o seguinte o do día 9 e 10, que deixarán paso á festa do mexillón local. Esta celebración gastronómica terá lugar no paseo marítimo do Cantiño, ó lado do porto do Xufre, onde se instalaran dúas carpas de cadanseus douscentos metros e con cadeiras e capacidades para mil cincocentas persoas. Os stands de degustación estarán abertos todos estes días en horario de 11.30 a 4.30 pola mañá e de 7.30 a 11 da noite. Esta festa gastronómica está organizada polo club Céltiga F.C. ca intención de recadar fondos cos que manter a vindeira tempada ós 207 xogadores dos seus 10 equipos. Xunto con este fin solidario, os visitantes tamén poden aprobeitar para desfrutar dunha estancia neste concello namentres degustan os excelentes productos da ría a prezos populares. Estes pratos estarán acompañados os domingos de grupos de música do país. Con todo, a organización agarda alomenos repetir o éxito de convocatoria de edicións anteriores ás que concorreron 15.500 persoas. Redacción Salnés |





A ILLA > Mañá comeza na Illa de Arousa a sexta edición da súa festa gastronómica de productos do mar que se desenvolverá...












