Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Accidente mortal na vía da alta capacidade da Barbanza
 
 
Accidente mortal na vía da alta capacidade da Barbanza Imprimir Correo electrónico
Luns, 04 Agosto 2008

 

POBRA > A consecuencia dunha colisión entre un camión e dous turismos falecía un veciño de Santander de 47 anos. O accidente rexistrabase ó redor das seis e media désta mañá no punto quilométrico 32 da vía autonómica do Barbanza, moi preto do enlace da Tomada. A consecuencia do sinistro perdía a vida un home, J.G.B.A., de 47 anos e veciño de Santander, condutor dun dos dous vehículos implicados no accidente.

Operativo de rescate

Ata o lugar do suceso desprazáronse numerosos efectivos, Policía Local e Garda Civil da Pobra, unha dotación de axentes da Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Ribeira que foron os encargados de retirar ó falecido do seu vehículo ó quedar atrapado entre o amasillo de ferros do seu vehículo. Os condutores dos outros dos vehículos, tanto o do turismo como o do camión, resultaron ilesos.

Corte de tráfico 

Debido ó accidente, a circulación foi regulada, cortándose ó trafico un dos carrís, para levar a cabo a retirada dos vehículos implicados na colisións, así como tamén á limpeza da vía que quedou totalmente operativa a partir das dez e media da mañá. 

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg