Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Medalla de ouro para un albariño con Señorío
 
 
Medalla de ouro para un albariño con Señorío Imprimir Correo electrónico
Luns, 04 Agosto 2008

CAMBADOS > O Condado, O Rosal e O Salnés repartíronse as medallas no concurso da Festa do Albariño de Cambados, que se entregaron onte no xantar oficial, celebrado no Pazo de Torrado.

Señorío de Rubiós, da subzona do Condado, levouse a medalla de ouro como o mellor albariño da anada 2007. Foi toda unha sorpresa que o primeiro premio fose para esta adega das Neves, que ten como marca de identidade o tinto da comarca do Teo. O segundo posto foi para O Rosal. Un premio que non colleu tan de sorpresa ó xerente da adega Laxas, de Arbo, que xa se fixera noutra ocasión coa medalla de ouro. A marca Veiga Naum, de Meaño, alzouse co terceiro galardón no concurso de Rías Baixas.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg