Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Continúa convocada a folga do lixo en Vilagarcía Imprimir Correo electrónico
Martes, 05 Agosto 2008

folga_lixo_cespa_100.jpgVILAGARCÍA > A folga indefinida dos traballadores da recollida do lixo en Vilagarcía segue planificada para comezar o vindeiro 11 de agosto, a non ser que se chegue a ...

... un acordo antes desa data. Os empregados deste servizo público que no concello realiza a empresa Cespa, están dispostos a seguir negociando coa concesionaria, malia o fracaso da reunión que mantiveron onte. Foi unha xuntanza longa que durou case cinco horas, pero na que ámbalas dúas partes non conseguiron unificar criterios sobre o seu convenio colectivo.

Se ben a empresa concesionaria propón que este dure 4 anos, os traballadores piden que a vixencia do texto se reduza ós dous anos, dado o continuo aumento do custe da vida. Tamén reclaman que os seus soldos acaden de aquí a dous anos a cantidade base de 1.000 euros mensuais, equiparándose así co que reciben traballadores de Cespa en cidades coma Pontevedra, onde cobran polo mesmo traballo 104 máis de diferencia. Pero ademais destas medidas económicas, dende o comité de empresa tamén reclaman un incremento do persoal e da maquinaria coa que desenvolven o seu traballo.

Á fronte que ten aberta a empresa cos traballadores de Vilagarcía, tamén hai que engadirlle o do Concello de Poio, cuxos empregados tamén piden equiparar condicións cos de Pontevedra. Nesta mesma cidade, Cespa xa deu por rematado onte o conflito coa sinatura dun preacordo sobre o seu convenio laboral, polo que xa se desconvocou a folga. O paro do persoal de Cespa si lle afectou porén a outras vilas pontevedresas coma Nigrán, onde despois de case dúas semanas de folga, en pleno mes de xullo, se acumularon máis de 400 toneladas de desperdicios.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg