Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O Polígono de Augalevada contará con tecnoloxía Wimax a mediados de 2009

NOIA > A Consellería de Industria implantará unha rede de telecomunicacións sen fíos para dotar de banda ancha ó parque empresarial de Augalevada. Ante o deficiente acceso a internet con que conta na actualidade o polígono de Augalevada, o Concello de Noia solicitou á Consellería de Industria a implantación dunha rede de telecomunicacións que permita achegar a banda ancha ós empresarios sen custos adicionais.

  

 + máis

 
Durán confía en que o sendeiro do Terrón poida iniciarse en breve Imprimir Correo electrónico
Venres, 08 Agosto 2008

sendeiro_terrn_100.jpgVILANOVA > O Concello de Vilanova está pendente da valoración que reciba da Agader, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, sobre o seu proxecto para ...

... construír un sendeiro natural pola marxe costeira do Terrón ata a zona do Esteiro. Unha ruta que servirá para conectar o casco urbano da vila con este enclave natural máis en desuso nos últimos anos.

O sendeiro, de algo máis de 1.200 metros de lonxitude, transcorrería entre a ponte de Vilanova coa pasarela creada hai xa máis dun ano, e pola que transitan un importante número de visitantes e veciños, a petición dos cales o executivo local decidiu desenvolve-la iniciativa.

Para a construción do sendeiro o Concello calcula que serían precisos uns 200.000 euros, polo que xa lle solicitou unha axuda á Xunta para levalo a cabo a través da Agader, de cuxo visto bo depende agora que se inicie a actuación. Unha das primeiras actuacións que serán necesarias para a creación do sendeiro é a da limpeza e acondicionamento desta marxe do Terrón, na que o concello tamén vai comezar despois do verán os traballos de recuperación da masa arbórea, a través dos responsables do curso de xardinería da vila.

A ruta ideada polo Concello está enmarcada dentro dun proxecto máis amplo, ó da posta en valor da zona do Terrón. Unha actuación para a que xa puxeron en marcha outras iniciativas coma a da creación do complexo lúdico deportivo, a do campo de fútbol ou a pasarela que comunica o enclave co casco urbano.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

 unidad_mobil_recortada_100.jpg

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol7250_201108.jpgVILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg