SALNÉS > Esta fin de semana teremos derbi do Salnés no futbol sala. Hermanos Barbeito e Grupo Junquera xogaranse algo máis que tres puntos en Baltar nun partido no que os dous equipos desexan non perder comba co grupo de cabeza.
| O PP leva ó Congreso e ó Senado as queixas de 'Salvemos o Tren' |
|
|
| Venres, 08 Agosto 2008 | |
|
PONTEVEDRA > Máis de 250.000 persoas se verían afectadas en Galicia polo desmantelamento das liñas férreas actuais por mor da posta en funcionamento do Eixo Atlántico de alta velocidade. Así llo fixeron saber hoxe membros da Plataforma Salvemos o Tren, de Portas, ó PP. O colectivo afirma que seguirán en pé de guerra ata que Fomento lles garanta un tren de cercanías. O PP confirmoulles hoxe que van levar estas reivindicacións ó Congreso e ó Senado. A deputada Ana Pastor e a senadora Dolores Pan puxéronse a disposición da plataforma incluso para acompañalos a Madrid e pedir unha reunión coa Ministra de Fomento. Consideran que é o goberno central quen debe darlle solución. O PP pedirá tamén que a ministra Magdalena Álvarez visite Galicia, onde, din que ten outras contas pendentes con esta comunidade. Redacción Salnés |


















