| Fomento adxudica o viaduto do río Ulla por 105 millóns |
|
|
| Venres, 08 Agosto 2008 | |
|
A obra será executada pola UTE formada polas empresas Dragados e Tecsa, nun prazo duns tres anos. Esta ponte, que quedaría do xeito que poden ver, forma parte da variante Vilagarcía – Padrón e permitirá enlazar ambas poboacións con dobre vía e características propias de alta velocidade. A ponte terá unha lonxitude de algo máis dun quilómetro e medio e construirase nunha zona próxima á desembocadura do Ulla na ría de Arousa, entre os concellos de Catoira e Rianxo. No deseño da estrutura coidouse especialmente a integración co entorno e no proxecto incluíronse medidas para controlar as augas do río. Ademais recóllese a restauración paisaxística do entorno, sobre todo do espazo natural da lagoa de Pedras Miúdas, en Catoira. Redacción Salnés |




CATOIRA > Fomento adxudicou as obras do viaduto do río Ulla no Eixo Atlántico to Tren de Alta Velocidade por máis de 105 millóns de euros.
