VILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.
| O Concello remite a ordenanza 'antibotellón' á Deputación |
|
|
| Martes, 12 Agosto 2008 | |
|
... o texto á Deputación de Pontevedra. O Concello de Sanxenxo xa remitiu á Deputación a ordenanza 'antibotellón' para a súa publicación nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia. O período de exposición pública rematou a semana pasada sen que houbese ningunha alegación. Mediante esta ordenanza, o Concello prohibirá o consumo e a venda de bebidas alcohólicas nas vías e outros lugares públicos do municipio, especialmente entre as dez da noite ea s 8 da mañá. Deste xeito, espérase garantir a convivencia e a seguridade cidadás, o dereito á intimidade e ó descanso no domicilio, a protección dos menores e o uso ordenado da vía pública. A normativa, aprobada polo pleno da corporación a finais do mes de xuño, recolle multas que poden ser desde os 200 ós 3.000 euros, dependendo da gravidade da sanción. Pero desde o Concello indícase que, ademais de ter un carácter represor, contempla o asesoramento e orientación na prevención e tratamento do consumo de alcohol. Redacción Salnés |




SANXENXO > A ordenanza 'antibotellón' pasou a exposición pública sen recibir ningunha alegación, polo que o Concello xa remitiu ...












