| Presentada a XVI Bandeira Deputación de Pontevedra |
|
|
| Martes, 12 Agosto 2008 | |
|
Achégase un ano máis unha das probas máis agardadas do verán, a Bandeira Deputación Provincial de Pontevedra. Debido ó acordo acadado entre os diferentes clubs, polo que se rotan na organización da mesma, esta ocasión o anfitrión será o C. R. Mecos. Precisamente ó equipo grovense tocaralle defende-lo título acadado na derradeiro edición da proba disputada en Coruxo. A saída a primeira das quendas darase ás 12:00 da mañá, no Porto de Pedras Negras. Sairán tódolas embarcacións da provincia, ordenadas segundo a clasificación da Liga Galega de Traiñas, entre elas as favoritas nas quinielas: Chapela, Samertolameu de Meira, Tirán e os propios anfitrións, Mecos, aínda que non se descarta vivir algunha sorpresa. O nivel das traiñas pontevedresas é dos mellores de España, por iso dende a Deputación quérese continuar a traballar conxuntamente cos clubes para volver a situar a cantos máis sexa posible no primeiro nivel nacional. A regata terá un percorrido total de 5.556 metros, con catro largos e tres ciavogas, como é habitual. Repartiranse 7.500 euros en premios, con trofeos para tódolos participantes mais a bandeira para o vencedor final. Se o tempo acompaña, o espectáculo está garantizado. Redacción Salnés |




PONTEVEDRA > O Pazo Provincial acolleu esta mañá a presentación da XVI Bandeira Deputación de Pontevedra. Será este venres, ás 12:00 da mañá e nela participarán tódolos clubs da provincia.












