Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow Os técnicos elixen a alternativa arco de Sercoysa para a Ponte das Correntes
 
 
Os técnicos elixen a alternativa arco de Sercoysa para a Ponte das Correntes Imprimir Correo electrónico
Martes, 12 Agosto 2008

pontedascorrentes_sercoysa100_120808.jpgPONTEVEDRA > Os técnicos municipais escolleron o deseño de Sercoysa, Atlántica e Ogensa para a nova ponte das Correntes, ...

... que se construirá entre as pontes da Barca e do Burgo.

A proposta elixida, que coincide coa dos expertos, está valorada en algo máis de 7,2 millóns de euros, ten unha garantía de 5 anos e 5 meses, e un prazo de construción de 2 anos. Este grupo de empresas presentou un deseño, que segundo técnicos e expertos, é a solución mellor no seu conxunto, ó resolver con orixinalidade a permeabilidade dos paseos peonís das súas marxes.

A proposta recibiu a máxima puntuación nas cribas feitas en función da estética, calidade técnica, funcionalidade e mellores dotacións. Segundo lembra o Concello, a Ponte das Correntes axudará a resolver un dos problemas de tráfico máis graves da cidade: o provocado pola escasa operatividade da Ponte da Barca como vía de dúas direccións. A Barca dedícase unicamente a entrar na cidade, e quedan como vías de saída cara ó Salnés e o norte a nova Ponte das Correntes e as vías que atravesan A Caeira e O Vao.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg