| O PSOE ve na elevada presión fiscal e na débeda os principais males da economía do Concello |
|
|
| Martes, 12 Agosto 2008 | |
|
... publicado a finais de xullo, no que se pon de manifesto a mala situación económica pola que atravesa o concello, en base ós presupostos do ano 2005. Para os socialistas estes datos non son nada novos, pois xa veñen denunciando esta situación dende hai tempo, pero agora é un organismo público, o que desacredita a xestión económica municipal. Entre outros aspectos os edís socialistas poñen de manifesto a elevada presión fiscal que padece o concello pobrés, situándose en 275’57 euros por habitante. Unha cifra infinitamente superior a doutros concellos de Galicia con semellante número de habitantes como é o caso de Outes ou Rois. Aínda así o principal problema que presentan as arcas municipais para os socialistas é a débeda, que se sitúa no 144’89%. Dende hai tempo o grupo municipal socialista vén denunciando esta situación, en base ás recomendación da propia Intervención Municipal que recomenda a contención do gasto e a adopción de medidas que poñan freo o descontrol económico. Agora o Consello de Contas é quen advirte do problema, revelando o descontrol e a nefasta capacidade de xestión económica do equipo de goberno. Dende as filas socialistas denunciouse tamén a operación de venda por parte do executivo local duns terreos de máis de 700 metros cadrados, que lle corresponden por unha nova urbanización que se vai a executar na Covecha e que viría a mellorar a situación económica do concello. este trámite foi aprobado no último pleno cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e os votos en contra do PSOE. Pola súa banda o alcalde negou tales afirmacións, sinalando que o executivo presenta as contas puntualmente, non como se facía anteriormente, pois cando chegaron á alcaldía atopáronse coas contas sen aprobar dende o ano 95 ó 99, e con máis de seis millóns de euros de débeda. Unha cifra que segundo el se está a reducir ano a ano, sen deixar de presta-los mellores servizos ós veciños do municipio. Redacción Barbanza |




A POBRA > O grupo municipal do Partido Socialista da Pobra vén de facerse eco dun informe do Consello de Contas de Galicia, ...
