SALNÉS > Esta fin de semana teremos derbi do Salnés no futbol sala. Hermanos Barbeito e Grupo Junquera xogaranse algo máis que tres puntos en Baltar nun partido no que os dous equipos desexan non perder comba co grupo de cabeza.
| O BNG de Rianxo alerta da existencia de varios vertidos de fecais á Ría |
|
|
| Mércores, 13 Agosto 2008 | |
|
O responsable local do BNG de Rianxo, Adolfo Muíños, amosou a súa indignación diante da pasividade de Portos de Galicia e do propio concello por tratar de resolver estes dous problemas, máxime cando son coñecederes dende hai tempo do problema. No primeiro dos casos os nacionalistas fan alusión a un sumidoiro da rede municipal existente na rotonda de acceso ó porto, que verte con frecuencia ó mar todo tipo de resíduos procedentes das vivendas particulares, enchendo de malos olores toda a zona. O segundo vertido agora denunciado polos nacionalistas atópase situado na esquina de Rinlo, na rotonda que vai a Rianxiño, en pleno paseo marítimo. Unha zona empregada por numerosas persoas a diario para pasear, e que produce unha imaxe lamentable. Tolerancia cero cos vertidos O BNG de Rianxo cre necesaria a tolerancia cero cos verquidos existentes ó longo de todo o municipio, polo que no vindeiro pleno ten previsto pedi-las explicacións oportunas ó alcalde por estes feitos, esixindo as responsabilidades da concesionaria do mantemento da rede e do funcionamento da depuradora, así como as medidas previstas para a súa erradicación. Redacción Barbanza |





RIANXO > Os nacionalistas demandan unha solución definitiva a estes problemas dado a súa gravidade.












