Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow CULTURA arrow Chenoa e Rosendo porán música á Festa do Mar
 
 
Chenoa e Rosendo porán música á Festa do Mar Imprimir Correo electrónico
Mércores, 13 Agosto 2008

POIO > Gastronomía, música, artesanía conforman o eixe da Festa do Mar de Poio, que arranca o vindeiro mércores día 20. Nesta oitava edición a cita recupera parte das súas orixes e compartirá espazo coa concentración de Embarcacións Tradicionais, que organiza o Club Mariño A Reiboa.

O escenario de tódalas actividades será Combarro, onde se instalarán a Feira Mare, a Mostra Gastronómica, e unha taberna mariñeira, ademais de acoller os diversos concertos e obradoiros tradicionais. O Concello destina 250 mil euros para esta Festa do Mar, unha cita que serve para promover Combarro e o resto do municipio. Segundo cálculos da Policía Local, na pasada edición acudiron durante os catro días unhas 200 mil persoas, cifra que esperan repetir este ano. Un dos principais reclamos serán concertos como os de Chenoa ou Rosendo.

Outro reclamo é a Mostra Gastronómica que terá seis casetas cun variado menú de produtos do mar e con prezos que van dos 3 euros 30 dunha ración de empanadas varias ós 12 euros dunha fritura de mar.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg