Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Veciñas do Rial denuncian a desidia do Concello con esta zona

VILAGARCIA> Varias veciñas da urbanización o Rial de Vilagarcía esixen ó Concello que acondicione este entorno onde residen, que arestora está  cheo de maleza e lixo. A falla de acondicionamento tamén se estende a algunhas fincas privadas sen que ninguén faga nada para solucionalo. Estas veciñas denuncian que só reciben o servizo de alumeado por uns 500 euros de media anuais que pagan de contribución urbana.

 

+ máis

 

louro_pleno.jpg
Un día con Protección Civil, bombeiros e cans de rescate Imprimir Correo electrónico
Mércores, 13 Agosto 2008

MEIS > Os nenos da ludoteca de Meis recibiron hoxe a visita de membros da agrupación local de Protección Civil e dos Bombeiros do Salnés para coñecer de preto a súa labor. Entre os efectivos estiveron Cairo, Curro e Ato, os tres cans da Unidade de Rescate Canino.

Os rapaces puideron ver a evolución de cada un dos cans. O máis experimentado, o labrador Cairo, foi o encargado de demostrarlles como se rescata a unha persoa. A voluntaria foi Paula, que se agachou xunto co xoguete que empregan para ao adestramento dos cans. Uns minutos despois Cairo atopábaa debaixo dunha árbore.

Pola súa banda, Protección Civil amosoulles os vehículos cos que conta a agrupación en Meis, unha patrulla e unha ambulancia. Os cativos puideron velos por dentro. No que vai de verán e ata o vindeiro 30 de agosto, o Concello mantivo ocupados ós máis pequenos tanto coa ludoteca como con diversos campamentos, onde houbo xogos, excursións e obradoiros. A de hoxe foi, se cadra a máis especial.

Os cans dos Bombeiros foron, sen dúbida, os protagonistas, sobre todo Cairo, que ante o acoso dos fans non lle quedou outra que fuxir.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
O Comercio nas Rías BAixas
comentarios_contrastes.jpg
DEPORTES

futbol250_030709.jpgILLA> O Céltiga segue a ser o conxunto que máis rápido está a mover ficha na Terceira. Onte confirmaba a renovación de Fran Matos e hoxe, segundo puido saber Canalriasbaixas, anunciarán unha fichaxe. Adrián Santos deixará o Vilalonga para recalar no Salvador Otero.

canalriasbaixas_tv.gif
ENQUISA
¿ e tí como nos ves ?
 
CORPORATIVO
<>CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar-02.gif
ver_orixe.jpg
veran1.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif