Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O PP de Pontevedra valora negativamente o Fondo Estatal de axuda ós Concellos

 PONTEVEDRA > O Presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e o vicepresidente da Deputación Provincial e Membro executivo da Federación Española de Municipios e Provincias, Xosé Crespo, valoraron hoxe os novos fondos de inversións do estado para os Concellos. Para os dous populares neste plan de axudas Galicia vai a ser a gran prexudicada, ó repartirse as mesmas só atendendo o índice de poboación.

foto_pp_300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
O concello de Boiro deberá asumir a titulariedade da praza do edificio Proimbarsa Imprimir Correo electrónico
Xoves, 14 Agosto 2008

sentenciaedificioproimbarsa_100_140808.jpgBOIRO > Un xulgado de Santiago dá a razón a comunidade de Propietarios deste inmoble situado na rúa Principal.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago vén de dar de xeito definitivo a razón a comunidade de propietarios de Edificio Proimbarsa, que levan preto dunha década loitando porque o concello de Boiro asuma a titulariedade da praza anexa ao inmoble.

Desta volta, a sentencia é firme, polo que xa non cabe a interposición de recurso algún.

Cesión ao concello de Boiro 

A historia remóntase ata principios da década dos noventa, cando o executivo local de Boiro, en comisión de goberno, aceptara a cesión desta praza. Porén, ca chegada do tripartido ao goberno, anulouse este acordo e determinouse a titulariedade privada do lugar.

Dende o grupo de goberno de Boiro sempre argumentaron que a cesión como ben público fora outorgado por un órgano incompetente, pois debería ter sido o Pleno o que ratificase esta decisión e daños da praza, dos que agora se debe facer cargo o concello, teñen a súa orixe na edificación lindeira.

Sentencia firme 

A sentencia emitida hai unhas semanas polo Xulgado de Santiago vén a confirmar a que en xullo de 2006 dictara o Consello Consultivo da Xunta, que xa de aquela resolvera de xeito favorable para os propietarios, adxudicándolle a titulariedade pública da praza ao concello de Boiro.

Os fundamentos daquela decisión baseáranse en que “as actuacións das administracións públicas non poden ser alteradas arbitrariamente” dado que choca de fronte co principio de confianza que todo cidadáns debe ter nelas. Asemade ninguén, neste caso o concello de Boiro, pode invocar ao seu favor nulidades que el mesma xerou”.

Reparación dos desperfectos  

Agora o executivo local deberá incluir a praza no inventario de bens públicos e facerse cargo do seu mantemento e limpeza así como da reparación de todos desperfectos que presenta para evitar que sigue causando danos ao edificio dos demandantes.

Ademáis o concello deber asumir os gastos dos traballos de reparacións das que, neste tempo, se fixeron cargo a comunidade de propietarios, dado algúns desperfectos supoñían un perigo para a seguridade dos veciños.

 

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbolsala250_041208.jpgSALNÉS > Esta fin de semana teremos derbi do Salnés no futbol sala. Hermanos Barbeito e Grupo Junquera xogaranse algo máis que tres puntos en Baltar nun partido no que os dous equipos desexan non perder comba co grupo de cabeza.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg