SALNÉS > Esta fin de semana teremos derbi do Salnés no futbol sala. Hermanos Barbeito e Grupo Junquera xogaranse algo máis que tres puntos en Baltar nun partido no que os dous equipos desexan non perder comba co grupo de cabeza.
| Aberto o prazo para presentar alegacións ao macropolígono da Barbanza |
|
|
| Xoves, 14 Agosto 2008 | |
|
Con este trámite dase un paso máis para a construción do polígono industrial comarcal que se situará na zona de Moldes, entre os concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira, que disporá de máis dun millón de metros cadrados de superficie, dos que aproximadamente a metade estarán ocupados pola actividade meramente industrial. Dese total ó redor de 311 mil metros cadrados serán destinados a zonas verdes, e outros 32 mil estarán reservados para equipamento. Esta mañá o rexedor pobrés amosou a súa satisfacción por esta nova, que considera prioritaria para o desenvolvemento desta comarca.
Dous meses de prazo Durante os dous próximos meses, tódalas persoas interesadas poderán consultar e presentar alegacións ó proxecto. Tanto o plan como o informe de sostibilidade ambiental estarán expostos na propia Consellería de Vivenda e nos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira. Primeiro trimestre de 2009 Unha vez rematado o período de exposición pública e o estudo das alegacións, a Consellería de Vivenda sacará a licitación a obra, un trámite que podería realizarse a finais deste ano. Se todo marcha segundo o previsto no primeiro trimestre do ano 2009 poderían iniciarse os traballos de construción do macropolígono. Con esta obra o que se pretende é cubri-la elevada demanda de solo industrial, unha carencia na maioría dos concellos da comarca, xa que existen numerosas empresas interesadas en instalarse nesta zona.
Redacción Barbanza |





POBRA> A documentación estará exposta na Xunta de Galicia e nos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira 












