| Porto do Son xa ten campo de herba artificial |
|
|
| Xoves, 14 Agosto 2008 | |
|
Ó acto inaugural, presidido polo presidente provincial e o alcalde de Porto do Son, manuel Tomé, asistiron ademais diversos membros da corporación municipal e a deputada provincial, Rosana Pérez. Como convidados de excepción, os rapaces das distintas escolas deportivas do municipio que desenvolveron distintas actividades para dar por inaugurado oficialmente o novo terreo de xogo. Precisamente un deles foi o encargado de destapa-la placa conmemorativa da inauguración do acto. 400 mil euros de investimento Ademais da substitución do campo por herba sintética, procedeuse á instalación de rego de longo alcance e a dotación dun sistema de drenaxe, así como diverso equipamento deportivo. Todo elo supuxo unha inversión de preto dos 400 mil euros, financiado o 85 por cento pola Deputación coruñesa e o 15 por cento restante polo concello. O campo do Preguntoiro vense sumar ós 45 novos campos de herba artificial promovidos pola Deputación en toda a provincia da Coruña. Un paso máis no seu programa de promoción do deporte, a través da mellora das infraestruturas, o impulso do deporte base e as subvencións a deportistas profesionais. Outras actuacións O presidente de A Deputación fixo referencia a outras actuacións que o organismo provincial ten en marcha neste concello como é o caso da piscina climatizada ou a casa de cultura de Portosín. Pola súa banda o alcalde sonense agradeceu a inversión realizada nesta actuación, así como tamén a outras obras sufragadas polo organismo provincial neste concello.
Redacción Barbanza |




PORTO DO SON> Salvador Fernández, presidente da Deputación, inaugurou obras de remodelación do campo de fútbol do Preguntoiro.










