Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Novas de Noia, Outes, Lousame, Porto do Son, Muros arrow Porto do Son xa ten campo de herba artificial
 
 
Porto do Son xa ten campo de herba artificial Imprimir Correo electrónico
Xoves, 14 Agosto 2008

inauguracioncampofutbolportoson_100_140808.jpgPORTO DO SON>  Salvador Fernández, presidente da Deputación, inaugurou obras de remodelación do campo de fútbol do Preguntoiro.

Ó acto inaugural, presidido polo presidente provincial e o alcalde de Porto do Son, manuel Tomé, asistiron ademais diversos membros da corporación municipal e a deputada provincial, Rosana Pérez.

Como convidados de excepción, os rapaces das distintas escolas deportivas do municipio que desenvolveron distintas actividades para dar por inaugurado oficialmente o novo terreo de xogo.

Precisamente un deles foi o encargado de destapa-la placa conmemorativa da inauguración do acto.

400 mil euros de investimento

Ademais da substitución do campo por herba sintética, procedeuse á instalación de rego de longo alcance e a dotación dun sistema de drenaxe, así como diverso equipamento deportivo.

Todo elo supuxo unha inversión de preto dos 400 mil euros, financiado o 85 por cento pola Deputación coruñesa e o 15 por cento restante polo concello.

O campo do Preguntoiro vense sumar ós 45 novos campos de herba artificial promovidos pola Deputación en toda a provincia da Coruña.

Un paso máis no seu programa de promoción do deporte, a través da mellora das infraestruturas, o impulso do deporte base e as subvencións a deportistas profesionais.

Outras actuacións

O presidente de A Deputación  fixo referencia a outras actuacións que o organismo provincial ten en marcha neste concello como é o caso da piscina climatizada ou a casa de cultura de Portosín.

Pola súa banda o alcalde sonense agradeceu a inversión realizada nesta actuación, así como tamén a outras obras sufragadas polo organismo provincial neste concello.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg