Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow Poio acumula case 100 toneladas de lixo no seu terceiro día de folga
 
 
Poio acumula case 100 toneladas de lixo no seu terceiro día de folga Imprimir Correo electrónico
Luns, 18 Agosto 2008

POIO > Colectores cheos e bolsas acumuladas no chan repítense dende o sábado no concello de Poio, onde os traballadores da recollida do servizo do lixo cumpren ...

... hoxe o seu terceiro día de folga. O aumento do seu salario, agora duns 600 euros mensuais, é a súa principal reclamación neste paro á empresa Cespa, concesionaria do servizo na localidade. Cerca de 100 toneladas de lixo se amorean agora nas rúas, e os lugares máis afectados son os situados dentro dos núcleos de poboación máis importantes da localidade, Raxó, Combarro e a Caeira.

Os centros sanitarios, o xeriátrico e a gardería son os únicos lugares onde se realizan os servizos mínimos. Non son todos os que pedira o Concello, que lle vai solicitar á Consellería de Traballo que medie para que se poidan levar cabo. O executivo local de Poio tamén vai intentar que o conflito entre os traballadores e a empresa chegue a un acordo, e está disposto a incrementar, en ata uns 20.000 euros anuais, o contrato que ten con Cespa, vixente ata o 2011.

A folga vai seguir convocada en Poio, malia que os 12 traballadores do servizo xa lle confirmaron á Asociación Galega de Arbitraxe da Xunta que están dispostos a negociar coa empresa, coa axuda da súa mediación. Unha arbitraxe que xa resultou clave na resolución do conflito cos traballadores de Pontevedra, que non chegaron a iniciar o paro.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg