Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Adeus ó botellón en Sanxenxo e Pontevedra
 
 
Adeus ó botellón en Sanxenxo e Pontevedra Imprimir Correo electrónico
Martes, 19 Agosto 2008
botelln_sanxenxo_100.jpgSANXENXO > A partir desta noite o botellón estará prohibido en Sanxenxo. A ordenanza municipal que ven de publicarse no Boletín Oficial da Provincia, ten coma ...

... obxectivo erradicar o botellón das rúas e compatibilizar o dereito ó descanso dos veciños e visitantes da localidade co dereito a divertirse. Para elo a normativa inclúe unha serie de sancións económicas a aplicar a aqueles que consuman bebidas nos espazos públicos do concello que van dos 200 ós 3.000 euros. Unhas multas que tratarán de evadir ós mozos de levar a cabo esta prática, así coma os que venden alcol na vía pública de facelo.

A Policía Local será a encargada de vixiar polas noites que non se incumpra a normativa, tanto nos lugares comúns de encontro para o consumo de bebidas, como son a praia de Baltar en Portonovo e a da Panadeira, coma dos cascos urbanos, onde máis molestan as concentracións dos mozos. Ademais da prohibición do botellón, o concello tamén levou a cabo unha campaña de concienciación entre os mozos do concello, para os que asegura o executivo local, a localidade oferta un bo abano de alternativas.

Aínda así a medida non gusta entre todos, xa hai quen pensa que se deberían habilitar lugares especiais para estas práticas Esta noite comprobarase se a ordenanza e as taxas que hai que pagar por infrinxila disuaden de praticar o botellón nas rúas do concello ós centos de mozos que, principalmente durante as fins de semana, se achegan ata aquí para a pasar unha noite de troula.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg