Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow Os bateeiros da Arousa continúan as concentracións en Cabo da Cruz
 
 
Os bateeiros da Arousa continúan as concentracións en Cabo da Cruz Imprimir Correo electrónico
Mércores, 20 Agosto 2008

 

BOIRO > Máis de cincocentos bateeiros da ría de Arousa concentráronse esta mañá na dársena portuaria de Cabo da Cruz. Esta xa é a terceira protesta que realiza o sector esta semana, tras a do luns en Vilanova e a de onte no peirao de Vilaxoán. Deste xeito, continúan reivindicando a unión de todos os produtores para facer fronte a forte crise que atravesa o sector.

Tamén se criticou a falta de responsabilidade e solidariedade por parte de aqueles que din pertencer ao sector e continúan sen secundar o paro. Asemade, houbo duras críticas para os que aproveitan a situación para buscar enfrontamentos entre os produtores. Os produtores de mexillón da Arousa continuarán, a través destas protestas en distintos peiraos da comarca, defendendo a busca de solucións para un sector que da traballo a máis de tres mil familias nas comarcas do Salnés e da Barbanza.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg