Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O PP de Pontevedra valora negativamente o Fondo Estatal de axuda ós Concellos

 PONTEVEDRA > O Presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e o vicepresidente da Deputación Provincial e Membro executivo da Federación Española de Municipios e Provincias, Xosé Crespo, valoraron hoxe os novos fondos de inversións do estado para os Concellos. Para os dous populares neste plan de axudas Galicia vai a ser a gran prexudicada, ó repartirse as mesmas só atendendo o índice de poboación.

foto_pp_300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Remata a folga da recollida do lixo en Poio Imprimir Correo electrónico
Mércores, 20 Agosto 2008

lixo_poio_100.jpgPOIO > Rematou a folga dos traballadores da recollida do lixo en Poio. Os operarios deste servizo chegaron a un acordo esta mañá coa empresa concesionaria do ...

... servizo no concello, Cespa, grazas á mediación do servizo galego de arbitraxe. Os traballadores conseguiron acadar a súa principal reivindicación neste paro.

Foi unha reunión tensa e longa a que tiveron esta mañá en Santiago. 4 horas dunha negociación que estivo a punto de romperse nalgunhas ocasións polas opinións enfrontadas da compañía cos empregados, e na que a mediación do servizo galego de arbitraxe foi clave para que a empresa cedese ás peticións destes. Os traballadores terán como pedían un aumento dos soldos máis baixos, que eran de 600 euros, ós 950. Ademais ata o 2011, os salarios irán aumentando progresivamente ata acadar os 1.200 euros. Anualmente, serán 16.600 euros, fronte os 14.300 ós que estaba disposta a incrementarlles Cespa.

Coma resultado do acordo, esta tarde os camións do lixo xa comezaron a retirar as decenas de toneladas de residuos que se acumularon en Poio dende que o sábado se iniciase a folga. Os operarios calculan que ata mañá á noite, non darán limpado por completo todo o lixo que hai agora nas rúas. Hoxe comezaron por Raxó e Combarro, os dous lugares máis afectados polo paro, e onde ademais neste último comezou hoxe a Festa do Mar. Os cheiros e o mal estado de salubridade do casco histórico fixo temer ós hostaleiros é o propio concello polo bo ritmo da festa.

O concello de Poio chegara a preparar un espazo especial para colocar o lixo que se xerase durante a festa, por se a folga aínda continuaba trala reunión de hoxe, e tamén lle solicitara á Xunta que, de prologarse, se realizasen os servizos mínimos na vila. Unhas medidas que agora xa non será precisas pois a normalidade na recollida do lixo volve dende hoxe á localidade.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbolsala250_041208.jpgSALNÉS > Esta fin de semana teremos derbi do Salnés no futbol sala. Hermanos Barbeito e Grupo Junquera xogaranse algo máis que tres puntos en Baltar nun partido no que os dous equipos desexan non perder comba co grupo de cabeza.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg