Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow Os traballadores do 112 suman apoios en Ribeira para esixir melloras laborais
 
 
Os traballadores do 112 suman apoios en Ribeira para esixir melloras laborais Imprimir Correo electrónico
Xoves, 21 Agosto 2008

reclamacions112_100_210808.jpgRIBEIRA > Os traballadores do servizo de emerxencias do 112 – Galicia seguen en pé de guerra para conseguir unha serie de melloras laborais.

Os profesionais do 112 denuncian a precariedade laboral que están a sufir por mor da privatización deste servizo público posto que, a pesar de depender da Consellería de Presidencia, está xestionado mediante unha subcontrata. Isto provoca que non se recoñezan as súas condicións laborais posto que se lles aplica o convenio colectivo de telemárketing, con salarios moi baixos, e pola contra se lles esixen requisitos propios da prestación dun servizo público como gardas localizadas e rotación de turnos.

Subrogación

A súa demanda máis inmediata é que se recoñeza canto antes o dereito de subrogación para garantir o seu posto de traballo no caso de que a administración decida cambiar á empresa subcontratada.

Despois de manter varias reunións cos responsables da empresa e realizar diversas accións de protesta, os traballadores, fartos desta situación decidiron trasladar o seu problema á rúa na busca de que as súas peticións sexan atendidas polos responsables da Consellería.

Máis de 4.000 sinaturas

Na súa campaña de recollida de firmas, que este mércores recalou en Ribeira pero xa leva percorrida media Galicia, xa obtiveron o respaldo de preto de catro mil cidadáns. Estas sinaturas máis tódalas que consigan en próximos días serán presentadas diante da administración nun acto de protesta que convocarán en Santiago de cara ó mes de outubro.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg