VILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.
| O BNG cre que o novo contrato do lixo beneficiará a uns poucos |
|
|
| Xoves, 21 Agosto 2008 | |
|
SANXENXO > O BNG de Sanxenxo expuxeron hoxe os problemas que xurdiron no Concello en torno á modificación do contrato de recollida de lixo e limpeza viaria. Segundo o concelleiro do BNG, Roberto Fernádez Lores, o Grupo de Goberno de Sanxenxo, vai incrementar o contrato de recollida nuns 33.000 euros ó ano, no contorno do Porto Juan Carlos I e en zonas de alta utilización. Aseguraron que os veciños do rural van pagar a mellora dun servizo que só beneficia a uns poucos. O edil do BNG denunciou tamén a pretensión por parte do Concello de adxudicar, á mesma empresa de recollida de lixo, o servizo de mantemento, limpeza e baleirado de papeleiras de xeito directo, sen que se leve a concurso público como contempla a lei. Por parte do grupo político nacionalista esperan que para a vindeira semana se celebre un pleno extraordinario onde a alcaldesa explique os cambios do servizo de recollida e limpeza. Segundo afirmou Roberto Fernández Lores eles están amparados na lei e seguirán coas accións necesarias para que estas modificacións, finalmente, non se leven a cabo. Redacción Salnés |

















