Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O BNG cre que o novo contrato do lixo beneficiará a uns poucos
 
 
O BNG cre que o novo contrato do lixo beneficiará a uns poucos Imprimir Correo electrónico
Xoves, 21 Agosto 2008

SANXENXO > O BNG de Sanxenxo expuxeron hoxe os problemas que xurdiron no Concello en torno á modificación do contrato de recollida de lixo e limpeza viaria.

Segundo o concelleiro do BNG, Roberto Fernádez Lores, o Grupo de Goberno de Sanxenxo, vai incrementar o contrato de recollida nuns 33.000 euros ó ano, no contorno do Porto Juan Carlos I e en zonas de alta utilización. Aseguraron que os veciños do rural van pagar a mellora dun servizo que só beneficia a uns poucos.

O edil do BNG denunciou tamén a pretensión por parte do Concello de adxudicar, á mesma empresa de recollida de lixo, o servizo de mantemento, limpeza e baleirado de papeleiras de xeito directo, sen que se leve a concurso público como contempla a lei. Por parte do grupo político nacionalista esperan que para a vindeira semana se celebre un pleno extraordinario onde a alcaldesa explique os cambios do servizo de recollida e limpeza.

Segundo afirmou Roberto Fernández Lores eles están amparados na lei e seguirán coas accións necesarias para que estas modificacións, finalmente, non se leven a cabo.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg