Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow Pasa a disposición xudicial o suposto autor do atropelo mortal de Vilagarcía
 
 
Pasa a disposición xudicial o suposto autor do atropelo mortal de Vilagarcía Imprimir Correo electrónico
Luns, 25 Agosto 2008

VILAGARCÍA > Dous delitos, un de homicidio imprudente e outro de omisión do deber de socorro, se lle imputan ó veciño de Meis que supóstamente cometeu o atropelo ...

...mortal que este domingo lle custou a vida a un home e logo se deu á fuga. Ramón Rey, de 30 anos de idade, pasou esta mañá a disposición xudicial despois de que onte o arrestasen na súa casa, a uns cinco quilómetros do lugar do accidente, e ó pouco de producirse o sinistro. Segundo parece o detido, que deu positivo nas probas de alcolemia, atropelou á vítima, de 69 anos e veciña de Vilagarcía, cando esta estaba a cruzar a estrada de Rubiáns, nun tramo no que non hai paso de peóns.

A vítima dirixíase nese intre ó Tanatonio, cando un coche que estaba a efectuar un dobre adiantamento o investiu. Estalislao Vázaquez Eiras morreu no acto, e foron moitas as testemuñas que presenciaron o accidente, e tamén as critican a falta de pasos de peóns nunha estrada na que os coches non sempre respetan o límite de velocidade, de 50 quilómetros hora, e que cruzan a cotío decenas de persoas.

Dende hai anos os veciños reclaman máis pasos de peóns na recta, en especial un para poder acceder ó tanatorio. A estrada, que comunica Vilagarcía con Pontevedra, é transitada por un importante número de coches cada día. Xunta ó detido, tamén ía que con el no coche outro home que, segundo parece, fixera dedo e que se apeou do vehículo tras cometerse o atropelo.

Redactor Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg