Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Os comerciantes do casco vello opóñense ó traslado do mercadiño
 
 
Os comerciantes do casco vello opóñense ó traslado do mercadiño Imprimir Correo electrónico
Martes, 26 Agosto 2008

mercadinorianxo_100_260808.jpgRIANXO > O posible traslado do mercadiño ambulante de Rianxo anunciado polo executivo local non deixou indiferente ós comerciantes da zona.

Os comerciantes da zona portuaria de Rianxo levantáronse en pé de guerra para evitar o traslado do mercadiño ambulante. Dende que o concello anunciara a posibilidade de cambiar a actual ubicación para evitar o pago das taxas a Portos de Galicia, os propietarios dos establecementos están moi preocupados. Consideran que o traslado do mercadiño afectaría moi negativamente á marcha dos seus negocios posto que a zona perdería gran parte do seu dinamismo.

Recollida de sinaturas

Para evitar o cambio de emprazamento, os comerciantes iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas que presentarán no concello. Na súa reivindicación contan co apoio veciñal.

Pola súa banda, dende o concello informaron que a primeira opción que barallan é manter o marcadiño onde está actualmente. De non ser posible, estudase a alternativa de trasladalo á zona de Cabo da Vila, próxima á actual ubicación, pero en ningún caso á urbanización Virxe da Guadalupe.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg