Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow Un novo vertido no Con causa unha gran mortandade de peixes
 
 
Un novo vertido no Con causa unha gran mortandade de peixes Imprimir Correo electrónico
Martes, 26 Agosto 2008

VILAGARCÍA > O río do Con, no concello de Vilagarcía, está a sufrir unha nova agresión medioambiental que está causando unha gran mortandade de peixes, aínda sen cuantificar. Os veciños de A Laxe, a zona mais afectada, foron os que avisaron ás autoridades. Axentes do Servizo de Conservación da Natureza e de augas de galicia continuaban hoxe traballando nun operativo de limpeza.

A Consellería de Medio Ambiente investiga a procedencia deste vertido contaminante e asegura que este é puntual. O vertido, que era dunha tonalidade vermella e en algúns puntos cheiraba moi forte, chegou ata o centro urbán de Vilagarcía. Os veciños de A Laxe móstranse preocupados pola importante mortalidade dos peixes e aseguran que esta mancha contaminante pode dirixirse cara os campos de cultivo de Carril ou as bateas de Vilanova.

Onte os axentes da Conservación da Natureza tomaron mostras de auga para poder determinar a orixe e responsabilidade deste vertido. Nuns días a Consellería de Medio Ambiente espera poder coñece-los resultados e cuantifica-los danos para abrir o correspondente expediente sancionador.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg