Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Ribadumia recibe a Perucho como un auténtico heroe
 
 
Ribadumia recibe a Perucho como un auténtico heroe Imprimir Correo electrónico
Mércores, 27 Agosto 2008

 

Ninguén quixo faltar onte á gran homenaxe que se lle deu a Carlos Pérez en Ribadumia. Primeiro no Concello e despois na sede do club, o padexeiro deuse un auténtico baño de multitudes.

Os recoñecemento e agasallos que recibíu o cangués foron innumerables: placas conmemorativas, un reloxo e a promesa da alcaldesa de que levará a Pleno a proposta de facerlle fillo adoptivo de Ribadumia.

Despois de asinar no libro do concello, a verdadeira festa comezou na sede do club. Alí víuse nunha pantalla xigante a súa carreira repetida; despois, os rapaces aproveitaron a ocasión para pedirlle fotos e autógrafos ó seu novo ídolo, que acompñado polos seus pais e pola súa noiva Adriana, dixo sentirse coma en casa.

Se por algo se caracterizou a recepción de onte foi pola gran cantidade de políticos que houbo, representando á corporación municipal e á Deputación de Pontevedra. Pero se houbo alguén que lle puido rouba-las miradas a Perucho foi o presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, que presentouse por sorpresa no acto para dárlle-la noraboa ó campión.

Prácticamente sen descanso, Perucho continuará a recibir homenaxes, en Aldán e Cangas, e afrontará esta fin de semana o Campionato de España de Pista que se celebrará no embalse de Trasona, en Asturias.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement