| Feijoo critica na Lanzada a falta de actuacións da Xunta no Salnés |
|
|
| Mércores, 27 Agosto 2008 | |
O GROVE > Os retrasos na ampliación do Hospital do Salnés, na creación do porto deportivo do Grove, ou na construción de acesos ó porto do Xufre son para o ...
...Partido Popular un exemplo da falta de investimentos da Xunta de Galicia na comarca do Salnés. O líder dos populares, Alberto Núñez Feijoo, tamén subliñou esta mañá no Centro de Vacacións da Lanzada, que nestes tres anos de Goberno bipartito en Santiago, tódalas infraestruturas que se acometeron na Arousa foran xa proxectadas ou licitadas polo antigo Goberno do PP. No centro da Lanzada, onde a Deputación de Pontevedra organiza durante todo o verán campamentos para os rapaces, Núñez Feijoo tamén xogou con eles e indicou que o PP vai seguir traballando pola ampliación deste tipo de actividades. No Grove, o líder do PPdeG tamén aproveitou a visita que fixo hoxe o Presidente do Goberno, Rodríguez Zapatero, a Ourense, para criticar a tardanza que están a ter as obras do tren de alta velocidade en Galicia. Feijoo tamén cuestionou a promesa de Zapatero de que o Ave chegue á nosa comunidade para o 2012. Feijoo tamén lle pediu á Xunta que lle esixa ó Goberno central un compromiso sobre a inversión para Galicia nos Orzamentos do Estado, e que aclare a data na que se celebrarán os comicios autonómicos. Redacción Salnés |




O GROVE > Os retrasos na ampliación do Hospital do Salnés, na creación do porto deportivo do Grove, ou na construción de acesos ó porto do Xufre son para o












