Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O Polígono de Augalevada contará con tecnoloxía Wimax a mediados de 2009

NOIA > A Consellería de Industria implantará unha rede de telecomunicacións sen fíos para dotar de banda ancha ó parque empresarial de Augalevada. Ante o deficiente acceso a internet con que conta na actualidade o polígono de Augalevada, o Concello de Noia solicitou á Consellería de Industria a implantación dunha rede de telecomunicacións que permita achegar a banda ancha ós empresarios sen custos adicionais.

  

 + máis

 
O museo Valle-Inclán amplía os seus fondos con réplicas das esculturas da Pobra Imprimir Correo electrónico
Mércores, 27 Agosto 2008

ampliacionfondosvalle_100_270808.jpgPOBRA > O museo Valle-Inclán vén de amplia-los seus fondos coas maquetas orixinais das tres esculturas existentes na localidade.

Trátase da muller mariñeira, Valle-Inclán e o emigrante, que foron realizadas no seu día polo artista Gonzalo Sánchez Mendizábal e que se atopan erixidas en distintos espazos da vila. Con esta doazón vese incrementado o patrimonio artístico e cultural do concello.

Pezas en escaiola

Tanto o director do museo Valle-Inclán, Antonio González Millán, como a concelleira de Cultura, Encarnación González, destacaron a importancia desta doazón e o valor que teñen estas pezas orixinais realizadas en escaiola polo propio escultor Gonzalo Sánchez Mendizábal que, a partir de agora, pasarán a engrosa-los fondos do museo pobrés.

A maqueta da muller mariñeira e a do emigrante presidirán a sala Arousa , pola que se accede ó museo, mentres que a de Valle-Inclán será ubicada na sala Viana do Prior, onde se atopan tamén os fondos do escritor e que foron doados pola propia familia.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

 unidad_mobil_recortada_100.jpg

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol7250_201108.jpgVILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg