Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O PP de Pontevedra valora negativamente o Fondo Estatal de axuda ós Concellos

 PONTEVEDRA > O Presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e o vicepresidente da Deputación Provincial e Membro executivo da Federación Española de Municipios e Provincias, Xosé Crespo, valoraron hoxe os novos fondos de inversións do estado para os Concellos. Para os dous populares neste plan de axudas Galicia vai a ser a gran prexudicada, ó repartirse as mesmas só atendendo o índice de poboación.

foto_pp_300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Concello e Deputación asumirán a construción de beirarrúas en Santa Baia Imprimir Correo electrónico
Xoves, 28 Agosto 2008

louzan_catoira_100.jpgCATOIRA > O Concello de Catoira e a Deputación de Pontevedra van dotar de beirarrúas a estrada provincial de Santa Baia, unha infraestrutura que custará uns 300.000 ...

... euros e que financiarán a partes iguais o municipio e a institución provincial. Este é un dos compromisos que adquiriu esta mañá o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, na súa visita á localidade, onde tamén anunciou a construción dunha glorieta no punto de entrada á ponte interprovincial, que custará uns 160.000 euros.

Pero ademais destes investimentos en infraestruturas, a Deputación tamén vai iniciar as xestións para a transferencia ó concello de Catoira de dúas estradas de titularidade provincial, a Rúa da Estación e a estrada de San Salvador. Todos estes compromisos adquiridos pola Deputación foran peticións que xa lle fixera o concello, nunha xuntanza mantida entre ámbalas dúas institucións na primavera, e das que o executivo local se mostra satisfeito polos resultados adquiridos.

Louzán tamén visitou esta mañá xunto coa corporación municipal de Catoira os lugares nos que a institución provincial vai a levar a cabo outras actuacións coma o solar do futuro edifico multiusos, ou as instalacións do edificio municipal de deportes náuticos, no que se prevén obras de mellora. Ademais a Deputación tamén vai estudar a petición do Concello de aumentar o aporte económico que concede para a realización da Romaría Vikinga e a instalación de parques infantís na vila.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbolsala250_041208.jpgSALNÉS > Esta fin de semana teremos derbi do Salnés no futbol sala. Hermanos Barbeito e Grupo Junquera xogaranse algo máis que tres puntos en Baltar nun partido no que os dous equipos desexan non perder comba co grupo de cabeza.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg