| Concello e Deputación asumirán a construción de beirarrúas en Santa Baia |
|
|
| Xoves, 28 Agosto 2008 | |
|
... euros e que financiarán a partes iguais o municipio e a institución provincial. Este é un dos compromisos que adquiriu esta mañá o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, na súa visita á localidade, onde tamén anunciou a construción dunha glorieta no punto de entrada á ponte interprovincial, que custará uns 160.000 euros. Pero ademais destes investimentos en infraestruturas, a Deputación tamén vai iniciar as xestións para a transferencia ó concello de Catoira de dúas estradas de titularidade provincial, a Rúa da Estación e a estrada de San Salvador. Todos estes compromisos adquiridos pola Deputación foran peticións que xa lle fixera o concello, nunha xuntanza mantida entre ámbalas dúas institucións na primavera, e das que o executivo local se mostra satisfeito polos resultados adquiridos. Louzán tamén visitou esta mañá xunto coa corporación municipal de Catoira os lugares nos que a institución provincial vai a levar a cabo outras actuacións coma o solar do futuro edifico multiusos, ou as instalacións do edificio municipal de deportes náuticos, no que se prevén obras de mellora. Ademais a Deputación tamén vai estudar a petición do Concello de aumentar o aporte económico que concede para a realización da Romaría Vikinga e a instalación de parques infantís na vila. Redacción Salnés |




CATOIRA > O Concello de Catoira e a Deputación de Pontevedra van dotar de beirarrúas a estrada provincial de Santa Baia, unha infraestrutura que custará uns 300.000












