Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow O Concello multa a 15 terrazas por non ter papeleiras
 
 
O Concello multa a 15 terrazas por non ter papeleiras Imprimir Correo electrónico
Xoves, 28 Agosto 2008

O GROVE > A batalla por un Grove limpo do edil Alfredo Bea ten como novo capítulo as terrazas na vía pública dos establecementos hostaleiros do concello. O responsable de Limpeza botou man da ordenanza municipal que obriga a dotar estes espazos de papeleiras e, segundo a Policía Local, constataron que hai unha quincena de empresarios que non cumpren a normativa.

A ordenanza é do ano 2004 pero non entrou en vigor ata 2007, unha vez que comezou a gobernar o cuatripartito. Desde o ano pasado o Concello deu ata catro avisos a cada un pero ó non arranxaren esta eiva, decidiu multalos. Beiramar, Castelao ou San Vicente son algunhas das zonas onde o Concello di que hai terrazas que non teñen papeleira. Bea insiste en que hai unha lei e que se vai facer cumprir aínda que iso supoña tomar medidas impopulares como impoñer multas. Non entende ademais, como a hostalería e comerciantes reclaman un Grove limpo cando eles mesmos non contribúen. De persistiren nesta actitude, o Concello está disposto a seguir multando. Segundo a normativa, as sancións, que agora son de 100 euros, poden chegar ós 1.500 euros.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg