VILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.
| O Grove aproba os seus orzamentos co plante do PP |
|
|
| Venres, 29 Agosto 2008 | |
|
... pleno, en sinal de protesta á falta de democracia coa que, segundo eles, se elaborou o documento. O Partido Popular tamén cualificou onte de irreaís e inflados ós orzamentos, que este ano ascenden os 13.600.000 euros, case un 48 por cento máis que o ano anterior. Unha crítica a que tamén se sumou Alternativa Meca. Aida Filgueira cuestionou o método a través do cal o executivo local se valeu para incrementar os seus ingresos, o aumento da recadación municipal en taxas coma a do lixo ou a auga, xa que supón un importante prexuízo para os veciños, e máis en época de crise económica. Pola súa banda o cuatripartito meco defendeu a política seguida á hora de redactar os seus orzamentos, que asegura son os precisos para cubrir as necesidades básicas dos veciños. O alcalde meco, José Antonio Cacabelos, tamén censurou a actitude do Partido Popular por abandonar o pleno. Unha marcha que relaciona ó interese do PP de evitar o debate da moción sobre os incrumprimentos da Deputación cara o Concello, que finalmente foi aprobada cos votos do cuatripartito. En canto ós orzamentos, as partidas máis ambiciosas son a do novo edificio municipal, dotada con 775.000 euros; o obradoiro de emprego con 210.000; a ampliación do Centro de Interpretación de Pesca e da Salga, con 400.000, ou o saneamento en San Martín con 120.000. Redacción Salnés |




O GROVE > O Concello do Grove aprobou onte os seus orzamentos para o 2008 co voto en contra de Alternativa Meca e co plante do PP, que non agardou ó final do ...












