Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow O Grove aproba os seus orzamentos co plante do PP
 
 
O Grove aproba os seus orzamentos co plante do PP Imprimir Correo electrónico
Venres, 29 Agosto 2008

pleno_orzamentos_grove_100.jpgO GROVE > O Concello do Grove aprobou onte os seus orzamentos para o 2008 co voto en contra de Alternativa Meca e co plante do PP, que non agardou ó final do ...

... pleno, en sinal de protesta á falta de democracia coa que, segundo eles, se elaborou o documento. O Partido Popular tamén cualificou onte de irreaís e inflados ós orzamentos, que este ano ascenden os 13.600.000 euros, case un 48 por cento máis que o ano anterior. Unha crítica a que tamén se sumou Alternativa Meca.  

Aida Filgueira cuestionou o método a través do cal o executivo local se valeu para incrementar os seus ingresos, o aumento da recadación municipal en taxas coma a do lixo ou a auga, xa que supón un importante prexuízo para os veciños, e máis en época de crise económica.

Pola súa banda o cuatripartito meco defendeu a política seguida á hora de redactar os seus orzamentos, que asegura son os precisos para cubrir as necesidades básicas dos veciños. O alcalde meco, José Antonio Cacabelos, tamén censurou a actitude do Partido Popular por abandonar o pleno. Unha marcha que relaciona ó interese do PP de evitar o debate da moción sobre os incrumprimentos da Deputación cara o Concello, que finalmente foi aprobada cos votos do cuatripartito.

En canto ós orzamentos, as partidas máis ambiciosas son a do novo edificio municipal, dotada con 775.000 euros; o obradoiro de emprego con 210.000; a ampliación do Centro de Interpretación de Pesca e da Salga, con 400.000, ou o saneamento en San Martín con 120.000.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg