Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Un raio fire de diversa consideración a catro mariscadoras na praia de Mañóns
 
 
Un raio fire de diversa consideración a catro mariscadoras na praia de Mañóns Imprimir Correo electrónico
Venres, 29 Agosto 2008

BOIRO > Un raio alcanzou a catro das mariscadoras que alí faenaban causándolles feridas de diversa consideración. Os feitos aconteceron arredor das once da mañá cando un grupo de mariscadoras de a pé da confraría de Cabo de Cruz se atopaba clasificando o marisco na praia. Un raio caeu preto delas afectando principalmente a catro traballadoras. Unha delas, a máis próxima, quedou inconsciente mentres que as tres restantes sufriron tamén os efectos da descarga.

Tras ser atendidas polos servizos de emerxencia, dúas mariscadoras foron dadas de alta aínda que, segundo relatou a presidenta da administración, continúan con fortes molestias polo que non se descarta que teñan que volver a acudir ós servizos médicos. Outra das traballadoras foi derivada ó hospital do Barbanza, onde permanece ingresada, mentres que a máis grave atópase en observación no Hospital Clínico de Santiago.

A pesar da gravidade das lesións sufridas por estas catro traballadoras o suceso puido causar danos moito peores de ter acontecido unha hora antes cando máis dun cento de persoas se atopaban faenando nas augas de Mañóns.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg