Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow Medio Rural inviste 3,2 millóns en accesos na D.O. Rias Baixas
 
 
Medio Rural inviste 3,2 millóns en accesos na D.O. Rias Baixas Imprimir Correo electrónico
Luns, 01 Setembro 2008

foto_viedo_100.jpgO SALNÉS > O titular da Consellería do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, ven de presentar o inicio da redacción do proxecto do...

... Plan de Mellora das Infraestructuras da Denominación de Orixe Rias Baixas. Este plan vai a supoñer o investimento de 3.2 millóns de euros en obras de mellora de acceso a viñas e adegas dos 39 concellos da DO Rias Baixas. Así pois, esta mellora afectará a case 3.500 hectáreas amparadas baixo esta regulación.

Tal e como sentenciou o conselleiro, esta actuación pretende mellorar os camiños rurais máis importantes da zona de xeito que permita o tránsito de maquinaria agrícola, o seu acceso ás viñas e o transporte de uva ata as adegas, facilitándolle así ás condicións de traballo ó sector.

Con esta nova achega, xa son máis de 10 millóns de euros os que investirá esta consellería neste sector ó longo desta anualidade, entre obras rurais e en actuacións en concentracións parcelarias.

Asemade, Suarez Canal referiuse tamén ó proceso de actualización do regulamento desta DO, que se atopa en proceso de elaboración e que servirá para gañar en eficacia e adaptar as diversas cuestións técnicas á realidade actual do mercado e da producción vitivinícola.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg