Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS arrow A saraibada provoca danos en Cea por mor das obras da circunvalación
 
 
A saraibada provoca danos en Cea por mor das obras da circunvalación Imprimir Correo electrónico
Luns, 01 Setembro 2008

VILAGARCÍA > Os veciños de Aldea de Arriba na parroquia vilagarciá de Cea están fartos das consecuencias que están a provocar ....

vecios200_010908.jpga mala execución obras da circunvalación e o abandono o que se ve sometido a fonte e o lavadoiro do lugar que xa sufriu seis inundacións; a última produciuse trala saraibada que asolou a toda a provincia a pasada fin de semana. Segundo os afectados a problemática atópase nas escasas canalización de augas no lugar.

Os veciños de Aldea de Arriba en Cea dirixíronse a tódalas estancias gobernamentais estatais e locais, remitiron diversas protestas por escrito e despois de ano e medio seguen sen respostas e o máis importante, sen solución. O caso é que os veciños veñen denunciando esta situación dende hai tempo.

Coa última saraibada , as obras da circunvalación ocasionaron o corremento de terras que sen caudais solventes obstrúen as cunetas e desembocan nas estradas inundando neste caso a fonte e lavadoiro da parroquia Aldea de Arriba en Cea.

 Agora teñen a promesa da alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García de que proximamente enviará zona un técnico para facer un estudo da incidencia do lugar. Os veciños temen que no futuro as súas casas se vexan prexudicadas debido ás obras de construción do polígono industrial que se porán en marcha Os afectados solicitan un sistema de caudal de augas apropiado para a zona que evite as correntes de terras e as inundacións

Para os veciños da Alda de Arriba en Cea, a fonte e o lavadoiro forma parte das súas vidas e aínda que a maioría da xente non o comprenda seguen sendo útiles para os habitantes do lugar que o seguen usando para lava-la roupa, xa que moitos non teñen lavadora e mesmo como unha alternativa cando no verán os pozos se quedan sen auga

Os afectado non descartan outro tipo de mobilizacións sen non lles ofrecen solucións. Obstante a última saraibada ocasionou serios danos en toda a comarca, os mías destacables recolléronse no campo e nos viñedos onde a desfeita foi cuantiosa .

 

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg