Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow A comisión de propietarios de Laxe Brava emprenderá accións legais contra o Plan Acuícola
 
 
A comisión de propietarios de Laxe Brava emprenderá accións legais contra o Plan Acuícola Imprimir Correo electrónico
Martes, 02 Setembro 2008

propietarioslaxebrava_020908.jpgRIBEIRA > A aprobación do Plan de Acuicultura de Galicia o pasado día 28 de agosto polo Consello da Xunta non deixou indiferente ás asociacións ...

... que, dende se coñecera o proxecto, véñense opoñendo á implantación de piscifactorías na costa galega. A nivel xeral, ADEGA xa anunciou a súa intención de presentar un contencioso contra a totalidade do plan mentres que en Corrubedo, tanto a Plataforma Medio Ambiental como a Comisión de Propietarios de Teira iniciarán as accións legais oportunas para evitar a instalación dunha macroplanta en Laxe Brava.

A Comisión de Propietarios de Teira afectados pola expropiación forzosa de máis de 300 mil metros cadrados para a implantación da piscifactoría proxectada en Corrubedo recorrerá ó concello para a presentación dun contencioso administrativo en contra desta actuación.

Rede Natura

Os propietarios dos terreos confían en que o recurso evitará a construción desta fábrica posto que son moitos os argumentos na súa contra. A planta está proxectada nunha zona de gran interese mediomabiental, paisaxístico e turístico que estaba incluida no avance da rede Natura, que finalmente a Consellería de Medio Ambiente retirou para, segundo a comisión de propietarios, non interferir no plano acuícola.

Plan á medida

Os propietarios critican frontalmente a actuación da Consellería de Pesca no deseño do Plan de Acuicultura no que din, está a exercer un papel de mera intermediaria, nun proxecto deseñado polas propias industrias que se queren implantar na costa galega.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg