Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O PP de Pontevedra valora negativamente o Fondo Estatal de axuda ós Concellos

 PONTEVEDRA > O Presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e o vicepresidente da Deputación Provincial e Membro executivo da Federación Española de Municipios e Provincias, Xosé Crespo, valoraron hoxe os novos fondos de inversións do estado para os Concellos. Para os dous populares neste plan de axudas Galicia vai a ser a gran prexudicada, ó repartirse as mesmas só atendendo o índice de poboación.

foto_pp_300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Os empregados de Cedonosa volven a manifestarse ante os despidos Imprimir Correo electrónico
Martes, 02 Setembro 2008

cedonosa_100.jpgCATOIRA > Os traballadores de Cedonosa volveron a manifestarse esta tarde diante das instalacións que a fábrica de Gres ten en Catoira.

Unha situación está que se vai a repetir o que queda de semana en torno ás seis da tarde para pedir que non se siga adiante cos despidos masivos de persoal. Arestora o expediente de regulamentación de emprego está sendo instruído polo xulgado do mercantil número un de Pontevedra, que podería emitir o seu dictame contra finais deste mes.

Pola contra, os empregados de Cedonosa avogan pola continuidade desta factoría en Catoira posto que aseguran que é rendible e que ten moita carga de traballo á que satisfacer. Desde o comité de empresa critican asemade que os despidos xa feitos públicos contemplen unha relación de 25 persoas, parte delas pertencentes ó taller de mantemento.

Un servicio que eles defenden indispensable para o correcto funcionamento da fábrica posto que así é máis eficaz e barato resolver as posibles avarías para seguir producindo.

Mañá os sindicatos que representan a estes traballadores reuniranse entre eles para logo pasar a dar conta ós traballadores das medidas a adoptar nun futura próximo, que poden pasar por novas mobilizacións e mesmo folgas para presionar a empresa a que ceda ás súas peticións.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbolsala250_041208.jpgSALNÉS > Esta fin de semana teremos derbi do Salnés no futbol sala. Hermanos Barbeito e Grupo Junquera xogaranse algo máis que tres puntos en Baltar nun partido no que os dous equipos desexan non perder comba co grupo de cabeza.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg